O laicismo[1] é a estratexia ou posta en práctica que se fai desde o poder ou desde partes influentes da sociedade para recortar o poder relixioso sobre a sociedade; así como constituír o Estado laico.
Os primeiros movementos de laicismo tiveron lugar no Renacemento, e se desenvolveron moito despois, no século XVIII en Europa. Contaron coa oposición da Igrexa: a encíclica Quanta Cura, de Pío IX; e o Concilio Vaticano Primeiro amósanse contrarios ó laicismo.